26/07/2008

Malditos mocos

Levo xa moito tempo cunha alerxia que noto máis estos días, cando me levanto da cama non paro de esbirrar, sonar os mocos e os ollos non deixan de soltar bágoas. Recordo ao amigo de Shin Chan, Bo Chan, que sempre anda co moco enorme colgando do nariz. Pois eu igual.

Hoxe voltou saír o sol, a ver o que nos dura. En Galiza é moi raro que non chova, sexa a estación do ano que sexa. Estes cambios de temperaturas son os que me matan, así que a seguir conxestionada cun klinex preto, por se acaso.

09/07/2008

Noites alegres, mañás tristes

Estou de resaca. O cerebro baila dentro da miña cabeza como se tivese vida propia. Que mal se queda un ao día seguinte dunha noite de festa na que o pasas de marabilla, sen medir as consecuencias físicas nin psicolóxicas, pois o baixón tamén é grande. Xa se sabe, o alcol é un depresor do sistema nervioso, pero parece que nos sentimos mellor nese intre con catro (ou seis, ou oito) cañas ben tiradas dos nosos bares, mentres lle damos á sen óso sen parar, calquera tema é interesante cunhas copiñas de máis.

Tamén parece como se me agudizase o sexto sentido, debe ser porque fallan os outros cinco. Como ben me dixo a miña amiga Juani o sábado pola noite:

"Noites alegres, mañás tristes"

E cando estou decaída, por dicilo dalgunha maneira, dáseme por profundizar, e eso para min non é tan malo, depende como se mire. Como se vise as cousas máis claras do que me rodea, a xente superficial que sempre estará para pasalo ben, e a xente que vale a pena de verdade.

¡Vivan as noites alegres!




05/07/2008

Nada é eterno

Estamos a primeiros de xullo e as nubes e a chuvia non paran de asomarse para facernos olvidar na época que estamos. O cambio tan estraño recoñéceo o meu corpo, o cabelo cae coma as follas das árbores no outono. Algo pasaxeiro que sempre me ocorreu, dende nena, que eu lembre. Tomo levadura de cervexa, e máis cervexa (hahaha...) para combatir a xenética que me tocou por parte do meu pai.



Onte comecei a ler "Brida" de Paulo Coelho, paréceme un libro moi existencialista para o pouco que conseguín ler, pois os ollos pecháronse ás 12 páxinas e caín rendida. Este libro recomendáramo Marian. Díxome que seguro era o meu estilo de lectura, pois teño unha personalidade relacionada con eses temas tan profundos e máxicos. Pareceume fermoso que me dixese eso, pois caloume en tan só un mes e tres semanas que pasei en Cáceres. Houbo unha química entre nós fóra do común e procuramos manter esa amizade tan bonita, a pesares da distancia. É unha persoa moi especial na miña vida, axudoume tanto a evolucionar que sempre lle estarei agradecida. Espero que nunca mude este sentimento, pois os amigos tamén cambian (non sempre evolucionan), e nunca volta a ser igual. Todos mudamos de forma de ser, ou de pensar, e sempre buscaremos persoas máis afíns a nós mesmos. Nada é eterno.



01/07/2008

O verán

Xa está o verán outra vez enriba de nós. O meu mes favorito do ano é xuño, cando os raios de sol se fan máis intensos e as praias non están tan abarrotadas de turistas. A natureza sempre preferín disfrutala con tranquilidade, oír o vaivén das ondas sen ruidos de adolescentes xogando ou meniños chillando coma tolos, nin as maruxas dándolle á lingua poñendo a todo deus verde. Pero o meu mes favorito rematou e agora toca o xentío invadindo todos e cada un dos recunchos deste entorno tan bonito no que me tocou nacer.

O bo do verán é que sempre voltas a encontrarte con xente que fai tempo que non vés, á cal se lle perde a pista durante o resto do ano, e rememorar tempos pasados e poñerse ao día no presente. O tempo pasa tan á présa, que cando te das conta xa case temos as engurras na face, máis o meniñ@ que levamos dentro négase a recoñecelo.

Aínda onte, coma quen di, tiña 15 anos e sentíame chea de vida e con moitas esperanzas para o futuro, e daste conta que non se acaban cumprindo. Pois como di unha frase de John Lennon: