30/10/2008

Pasado musical

A música de fai décadas si que era boa, con esta frase parezo unha anciá buscando no baúl dos recordos. Veñen a min cancións como a de B. J. Thomas "Raindrops keep falling on my head" (anos 70) que me alegra a alma e agora, ademáis, The Outfield "Your love" dos anos 80 que me transmite moita enerxía positiva.

O destino é sabio e sabe dar o que necesitamos en cada momento, eu necesitaba estas cancións e apareceron para facerme feliz. Hai que ter coidado co que se desexa, pode facerse realidade.

Viaxemos na maquiniña do tempo ata o pasado para rememorar cousas boas coma esta canción, aí vai o vídeo...




28/10/2008

Adiccións

Ultimamente apetéceme ver series de televisión bastante peculiares. No post anterior fago referencia ao Sr. Monk, un detective moi especial na súa forma de resolver casos e máis na forma de ser, coa súa lista enorme de fobias e un transtorno obsesivo-compulsivo. Cada vez que toca a alguén usa unha toalliña húmeda para limparse; obsesionado cos números redondos, os xérmenes, a limpeza, a orde, a perfección á súa maneira... Ata come os alimentos en platos separados porque non poden tocarse entre si (as patacas nun prato, os chícharos noutro, ...) e un infinito número de manías. En definitiva, todo un personaxe.

Esta semana colleu o turno Psych, un mozo chamado Shawn cunha capacidade de observación asombrosa que se fai pasar por vidente, axudándolle á policía nas investigacións, xunto co seu amigo da infancia Gus.

Recoñezo a miña adicción ás series de televisión en xeral, pero adoro as series con intriga, mellor con humor. Sempre me gustaron, dende nena. Recordo a Colombo, Mike Hammer, Remington Steele, Matt Houston, Se ha escrito un crimen, Luz de luna, Magnum... (Eu tiña que ter sido detective, entre outras moitas cousas). O bonito é que cada unha delas representa unha etapa distinta da vida, traendo moitas lembranzas.

*Aínda que, por unha hora + ou -, xa pasou o 27 de outubro: "H, felicidades e grazas por compartir estes 7 anos xuntos de serie-adictos".


23/10/2008

Momentos felices

Hai unha frase que di: "Se choras por non ver o sol, as bágoas impediranche ver a estrelas". Ás veces obsesionámonos co que non temos olvidándonos do que si posuímos. A felicidade consiste nas pequeniñas cousas do día a día. Lin fai pouco que:

O destino dos homes está feito de momentos felices, toda a vida os ten, pero non de épocas felices

Friedrich Wilhelm Nietzsche. Filosofo alemán

A miña amiga Marian tiña outra frase para contentarse, sempre me dicía: "Lo que no es para mí, entonces no lo quiero".

Un bo método para ser feliz é rodearte de persoas que queremos e nos queren de verdade, ou sinxelamente positivizar o noso entorno apartándonos de xente ou situacións negativas que só conseguen facernos dano, desviándonos do noso verdadeiro camiño. O camiño á felicidade.

Venme á memoria un documental que vin a pasada semana: unha muller diagnosticada de cancro de mama, a súa reacción foi admirable. Sigueu o tratamento médico coa convicción de que estaba curada, vivía unha vida plena intentando pensar o menos posible na enfermidade. Xa falei demasiadas veces do poder da mente, digan o que digan os escépticos. A súa mellor terapia foi procurar estar contenta tódolos días, rir moito con todo o que estivese ao seu alcance (alugaba películas cómicas tódalas noites), en fin... tentaba ser feliz desconectando como fose do problema. En tres meses estaba totalmente sá.

Para potenciar os momentos felices sigo o seu exemplo, esta semana tocoulle ao meu amigo Monk na V tempada, unha serie moi entretida que nos divirte a H e a min. Por sorte, H e máis eu temos moitas cousas en común.




A canción do comezo é de Randy Newman, aí vai a letriña

IT´S A JUNGLE OUT THERE

It's a jungle out there
Hai unha xungla aí fóra
Disorder and confusion everywhere
Desorde e confusión en todas partes
No one seems to care
Ninguén presta atención
Well, I do
Ben, eu fágoo
Hey, who's in charge here
Óe, quen está ao cargo aquí
It's a jungle out there
Hai unha xungla aí fóra
Poison in the very air we breathe
Veleno no aire que respiramos
Do you know what's in the water that you drink?
¿Sabes que ten a auga que bebes?
Well, I do, and it's amazing
Ben, eu seino, e é incrible
People think I'm crazy 'cause I worry all the time
A xente pensa que estou tolo porque me preocupo todo o tempo
If you paid attention you'd be worried too
Se prestases atención preocuparíaste tamén
You better pay attention
Presta máis atención
Or this world we love so much might just kill you
Ou este mundo que tanto amamos podería matarte
I could be wrong now but I don't think so
Podería estar equivocado máis creo que non
'Cause there's a jungle out there
Porque hai unha xungla aí fóra
It's a jungle out there
Hai unha xungla aí fóra

14/10/2008

...because I´m free, nothin´s worrying me...

Non recordo onde a escoitei por primeira vez, non o teño claro, pero hai unha canción que ultimamente non para de sonar na miña cabeza, é unha canción pegadiza cuxa melodía e letra fanme sentir moi ben. Busquei en internet pola única frase que recordaba, pois encántame o significado: ... "because I´m free, nothing is worrying me"... (porque son libre, nada me preocupa). Descubrín que é de B. J. Thomas, titúlase "Raindrops keep falling on my head", e pertence á b.s.o. das películas "Dos hombres y un destino" (con Paul Newman e Robert Redford) e máis de "Forrest Gump" (con Tom Hanks). A pesares de ser do ano 1970, pois eu aínda non era nin un proxecto de ser humano por aqueles tempos, parece como se formase parte da banda sonora da miña vida.



raindrops keeps falling on my head

Raindrops keep fallin' on my head
And just like the guy whose feet are too big for his bed
Nothin' seems to fit
Those raindrops are fallin' on my head, they keep fallin'

So I just did me some talkin' to the sun
And I said I didn't like the way he got things done
Sleepin' on the job
Those raindrops are fallin' on my head, they keep fallin'

But there's one thing I know
The blues they send to meet me won't defeat me
It won't be long till happiness steps up to greet me

Raindrops keep fallin' on my head
But that doesn't mean my eyes will soon be turnin' red
Cryin's not for me
'Cause I'm never gonna stop the rain by complainin'
Because I'm free
Nothin's worryin' me

It won't be long till happiness steps up to greet me
Raindrops keep fallin' on my head
But that doesn't mean my eyes will soon be turnin' red
Cryin's not for me
'Cause I'm never gonna stop the rain by complainin'
Because I'm free
Nothin's worryin' me


GOTAS DE CHUVIA CONTINÚAN CAENDO NA MIÑA CABEZA

Gotas de chuvia continúan caendo na miña cabeza
e igual que o tipo cuxos pés son demasiado grandes para a súa cama,
en nada parecen encaixar
estas gotas de chuvia están caendo na miña cabeza, seguen caendo...

Así que me puxen a falar co sol
e díxenlle que non me gustaba a forma en que facia as cousas
durmíndose no traballo
estas gotas de chuvia están caendo na miña cabeza, seguen caendo...

Pero hai unha cousa que sei,
o triste que mandaron a por mín non me vencerá.
Non pasará moito ata que a felicidade se levante para saudarme.

Gotas de chuvia seguen caendo na miña cabeza,
pero eso non significa que os meus ollos se vaian a poñer bermellos axiña,
chorar non é para mín
porque nunca vou parar a chuvia queixándome,
porque son libre
nada me preocupa.

Non pasará moito ata que a felicidade se levante para saudarme.

Gotas de chuvia seguen caendo na miña cabeza,
pero eso non significa que os meus ollos se vaian a poñer bermellos axiña,
chorar non é para mín
porque nunca vou para a chuvia queixándome,
porque son libre
nada me preocupa.


06/10/2008

O karma

O cambio de estación, pois xa estamos no apagadiño e escuro outono, trae cambios no tempo e no meu interior. Etapa obxectiva na que tento ser "hippie", como sempre me aconsella H, pasar de todo e sinxelamente vivir, desconectar un pouco e tirar para adiante sen comerse tanto a "olla". Unha tempada coa mente en branco, sen cuestionarse nada, nin os problemas, nin o día a día, sen autocompadecerse, como os animais, pois eles nunca se lamentan, simplemente sobreviven: supervivencia.

Ao final, a vida pon as cousas no seu sitio, o destino xa está organizado para nós. O karma e o darma. Estiven lendo sobre as vidas pasadas, a lei de acción e consecuencia, o equilibrio do universo. Todo o que nos ocorre, din que vén provocado polo que fixemos noutra ou nesta vida. Recórdame á divertida serie Me llamo Earl, que vai sobre o tema.



04/10/2008

Anxo ou demo?

Cando me sinto disgustada non podo evitar soltar todos os pensamentos que rondan por esta cabeciña tola, unha especie de terapia descorrosiva co fin de baleirar a mente. Un volcán en erupción que pasa e arrasa con todo, nembargantes facer como a Ave Fénix, que rexurde das súas cinzas. Errar é de humanos máis sentirse libre é moi importante, aínda que maiormente sexa de forma egoista. A verdade, ou as nosas supostas verdades, moitas veces danan, contar ata 10 é o que fago mil e unha veces, cando non funciona... estoupo. Unhas veces arrepíntome de ser tan sinceira, máis outras síntome renovada e liberada, con outros puntos de vista máis claros. Como sempre di H: "Hai máis sitio fóra que dentro".

Cando se intenta ser boa persoa acaban tachándote de parva, de inxenua, ou simplemente cren que teñen permiso para esnaquizarche a alma. Quizais comeza a asomar o demiño que levo dentro, todos levamos un, aínda que pareza que non. Ou quizais o anxiño está canso de que o lastimen precisando dun descanso. Un Doutor Jekyll e un Mister Hyde. Ao fin e ao cabo é a natureza do ser humano. Ninguén é perfecto.