15/02/2008

De volta á vida

Xa pasaron dous meses, infernais, dende que escribín a última vez neste espazo virtual considerado o meu diario persoal, por dicilo dalgunha maneira, pois de diario non ten nada, máis ben "mesario".

Despois dunha mala racha en canto a saúde se refire, agora comezo a ser libre e ver todo o que me rodea con outra perspectiva. A verdade é que non podería superar esto sen o cariño dos meus e como non, de Marian. Unha rapaza que me dou a vida. Aparte dunha lectura de libros que me axudaron moito. Non estou ao cen por cen, pero estou no camiño axeitado. Todo comezou con un paseo polas galerías comerciais de Cáceres, fixeime nun herbolario que tiña libros... libros si. Aí coñecina e charlando deume cita para unha consulta e explicoume a realidade do meu problema, que ao fin e ao cabo era ficticio e prestoume un libro (que finalmente comprei) que se titula "La princesa que creía en los cuentos de hadas". Xa sei que sona cursi, pero axudoume tanto que tiven que mercalo.

Noutro momento seguirei explicando todo o que me pasou... Agora prefiro non pensar neso demasiado. Todo necesita o seu espacio e o seu momento.