Nun post anterior fago referencia á película Demolition Man, na intriga que me producían as tres cunchas. Quen viu a película saberá que estaban no wc do futuro, e Silvester Stallone que proviña do pasado non tiña nin idea de porque no lugar do papel hixiénico había as 3 famosas cunchas. Remexendo polo Google, xa que antes de mencionalo non se me ocorrera buscar (en internet hai de todo, é unha marabilla), atopei que esa dúbida corroíanos a moitos. Pois iso, que o que busca encontra...
05/03/2010
02/03/2010
25/02/2010
Contacto sen contacto
Esta válvula de escape quedou totalmente no olvido. Outras ferramentas chegaron ás miñas mans, tal como o famoso Facebook ou o Tuenti, marabillosas ou infernais redes sociais nas que nos enteramos da vida de todos, o que pensan, o que sinten, aficcións, gustos... e un sinfín de cousas máis. Cales deles son de verdade amigos? Imposible sabelo. Outros nin coñecidos pero unidos por unha causa común, tal como a defensa da nosa lingua, por exemplo, tan actual nas nosas vidas grazas a certos personaxes que nos fan pór en pé de guerra.
E así andamos; facendo que o mundo xire, que avance grazas ás novas tecnoloxías. Amizades virtuais que desvirtúan o cara a cara, as relacións en persoa. Abonda con premer un botón, situarse diante da pantalla do noso computador para estar no día a día dos nosos coñecidos, familiares, amigos, inimigos... case a cada segundo, algo impensable noutros tempos.
Isto vaime recordando cada vez mais a peli de Stallone "Demolition Man" na que para facer o amor usaban uns aparellos colocados na cabeza, con forma de casco, creo, non me lembro moi ben. Nada de contacto físico. A ver a onde chegamos realmente. Bueno, así non hai que preocuparse nin polo alento, nin se estás ben depilada.
Atopei o vídeo en Youtube, así que aí vai. Acabo de recordar algo da peli e sigo coa intriga: como carallo se usaban as tres cunchas? Hahahahahahaha...
Atopei o vídeo en Youtube, así que aí vai. Acabo de recordar algo da peli e sigo coa intriga: como carallo se usaban as tres cunchas? Hahahahahahaha...
15/10/2009
Sen temas: o tempo
Miña nai querida!!! Que blog tan esquecido. Ou non teño que contar ou vaciei tantas ideas, posts atrás, desta cabeciña que o corpo continúa un traxecto coa inercia da última vez. Tamén porque o verán é a mellor época do ano pra min, tal que tivese placas solares na caluga que me fan estar feliz e escapista destas catro paredes, supoño que igual que o resto dos humanos quitando casos raros (sen ofender). O resto do ano xa non hai muller. Así que neste novo e aínda que calorosísimo outono retorno ao currunchiño virtual no que desfogar ou falar do tempo, tema habitual cando non apetece, ou non hai que dicir.
O que me parece é que esta vida é coma un "yo-yó", alonxámonos de certas cousas en espazos de tempo determinados para volvermos como parviños desorientados, porque precisamos o cotiá, o coñecido, formando parte de nós mesmos. Os cambios, para ben ou para mal, implican medos e costumes aferradas das que non queremos, ou pensamos que non podemos desprendernos. Pois iso, todo cambio conleva un caos frenético e desconcertante onde ao final si que nos fai evolucionar e sentirnos orgullosos. Este non é o caso aínda. Así que:
Voltarei aínda que sexa aburrindo co mesmo tema: chove, fai sol, vento.
04/06/2009
O síndrome de Peter Pan
Encántame a psicoloxía, estou subscrita a unha páxina web que expón información deste tipo. Cada certo tempo envíanme artigos, ao meu entender: moi valiosos e interesantes. Se nos esmerásemos en ser mellores e saber o que nos pasa e o que lle pasa ao que temos en fronte, a comunicación entre os seres humanos fluiría e faríamos deste, un mundo mellor. Un dos artigos fala sobre un síndrome: "O SÍNDROME DE PETER PAN". Por desgraza, coñezo algúns casos.
O síndrome de Peter Pan


Trátase de persoas que aínda que alcanzaron a idade adulta, viven coma adolescentes, están rodeados de amigos menores que eles, son incapaces de afrontar as responsabilidades e son inmaduros emocionalmente. “Este síndrome pode aparecer en mulleres e homes, pero o 99% dos casos, son varóns os que sofren esta patoloxía da cal non é nada fácil recuperarse", segundo comentan algúns psicólogos. A situación complícase moito máis cando estes varóns atopan unha parella que os sostén, apaña e encárgase de xustificar tódolos actos. “O síndrome de Wendy, pola contra, é máis habitual en mulleres que son as "neneiras" das súas parellas e que son incapaces de recoñecer as actitudes enfermizas e infantís da súa parella".Como recoñecer o síndrome de Peter Pan: Non saben estar sós, sempre están rodeados por xente máis moza, non se responsabilizan dos seus actos, son seres permanentemente insatisfeitos, poden vivir cos seus pais ou con unha parella que conteña os seus actos, teñen ideas sobre grandes proxectos e aventuras amorosas que nunca se cumpren, soen queixarse e culpar ao resto do mundo dos seus problemas (esperan sempre que alguén llos solucione), góstalle estar sempre contentos e sempre están buscando maneiras de divertirse e evadirse da realidade, cambian continuamente de parella, en xeral sempre se conectan con mulleres máis novas.
Máis rasgos da súa personalidade: Rebeldes, narcisistas, dependentes, néganse a envellecer, manipuladores...
Como axudar a un home co síndrome de Peter Pan: Por máis difícil que resulte non se deben satisfacer as súas necesidades. Hai que lograr que afronte as súas responsabilidades; Non hai que propoñerlle solucións cando comenta os seus problemas, hai que incentivalo a que atope as propias solucións, levándoas a cabo; a esta clase de persoa moléstalle moito que lles marquen o erro ou defectos que ten, sendo necesario facelo para que se conciencie de que non é o centro do mundo e que cada persoa debe asumir a súa propia vida.
Todo o que acabo de poñer do artigo é moi, moi interesante. Canto queda neste mundiño por aprender. Pasiño a pasiño...
Assinar:
Postagens (Atom)
