A seguridade que queremos sempre está na nosa cabeciña, pero o mundo xira e xira empuxándonos a etapas que hai que superar. Cando non facemos iso, estancámonos, quedamos inmóbiles no mesmo lugar. Podemos atoparnos en encrucilladas onde malas noites de sono dándolle voltas non nos benefician de ningún modo, pois aparece unha solución por moito que desbrucemos partes do noso cerebro sen xeito ningún que o único que consegue é afectarnos á saúde. O que está de ser, vai ser (tendo en conta a nosa predisposición), e o que non, imposible de deter. Xa o di unha frase que lin un día: "Se loitas contra a corrente, acabarás afogándote". Non sei se era así exactamente, o que si sei é que hai elementos que escapan ao noso control, tendo que adaptarnos e sobrevivir. Deixémonos arrastrar de vez en cando, sabendo que tomaremos terra en algún momento e todo volverá á normalidade, ata que outro "rápido" nos pille, máis xa saberemos como reaccionar.
11/12/2011
Será a imaxinación... será o que queiramos que sexa
Hoxe pola tarde, acelerada por chegar puntual a unha cita, algo me fixo frear en seco. Ao saír do portal do edificio os meus ollos quedaron fixos no chan. Será a desbordante imaxinación que teño, será o azar de sen sentidos que se forman por causas descoñecidas, máis pra min era unha pista, un agasallo quizais sen máis significado que o que eu lle quixen dar. Como xa falei nunha entrada deste blog días atrás titulada "Detalliños", a vida sitúa milleiros de orixinais maneiras de alegrarnos a alma. Nesa especie de pulseira, ou conxunto de fíos dalgunha peza de roupa eu vexo un corazón. Dame igual ser unha soñadora e que pense a xente que estou coma unha cabuxiña tola. Fíxome feliz e tiven que sacarlle unha foto co móbil, non sei se pra compartilo con vós ou pra recordarme cando o precise que "todo pasa por algo". Pero aí estaba, un fermoso corazón rosa.09/12/2011
Avisei, he!!!
Hoxe boteime unhas risas á conta dun vídeo que lle amosei a uns compañeiros. Non hai palabras para describilo... Fai anos que oíra falar del e non sei como saiu na conversa. Titúlase "2 girls 1 cup" e é facil de atopar en Google. O vídeo que poño é da reacción que produce ao ollalo, hai un cento delas en Youtube. Avisados quedades, mellor non o busquedes nin o miredes. Hahahaha... (risa malvada). Repito, a curiosidade matou ao gato.
Proxeccións
Non me atopo, non me vexo, ando perdida... entón é cando admiro en ti do que eu non dispoño, o que preciso urxentemente pra me sentir máis completa. Grande erro. Búscote porque hai partes das que carezo, ou creo carecer, e ti me amosas. Deséxoas, anhéloas, sinto verdadeira necesidade... e cando me decato que non estás, nin vas estar, é cando reacciono. Non es ti o que me falta, son eu a que non avanzou, porque pra ser feliz non tes que estar ti, teño que ser eu.
08/12/2011
Para, mundo, que quero baixar!!!
Corremos demasiado. Nesta carreira frenética sen freos e costa abaixo que chamamos vida roda sen razón lóxica a toda velocidade ata que algún obstáculo se atravesa e batemos con el de cheo. O golpe é considerable e invita a replantexarnos a onde imos, que facemos, quen somos, e outras paranoias persoais do mesmo estilo. Escoitamos moi pouco, inclusive a nós mesmos, pararse un segundo implica retorcer os miolos e sufrir, porque aparecen emocións tales como culpabilidade, medo, remordementos, frustración... Entón mellor volver a pisar o pedal e seguir, sen rumbo, ignorando cuestións difíciles de resolver. Non me gusta que sexa así, por iso párome, a cada pouco, tentando mellorar quen son e a quen me rodea cos meus actos (non son perfecta). A cadea de accións comeza por nós, fagámolo, aínda que hai intres en que dan ganas de dicir: "Para, mundo, que quero baixar!!!" e non voltar xamais.
Assinar:
Postagens (Atom)
