22/08/2008

Merda de mundo

Ando entre depre e malhumorada, quizais un pouco desquiciada. As cargas da vida cada vez pesan máis, os amigos tórnanse inimigos, todo ten un fin e todas e cada unha das cousas, mellor dito persoas, móvense por interés, sexa do tipo que sexa. Ando perdida, de novo, pero todo ten unha causa, un porque. O meu lema favorito é que: "non hai mal que por ben non veña". As cousas, entre comiñas, "malas" suceden por unha causa, quizais o destino, moitas veces formado polas nosas accións, ou quizais por que son leccións que hai que aprender a medida que pasan os anos. Non queda máis remedio que madurar, uns antes e outros despois, pero sempre toca avanzar e renovarse. Ninguén se salva. A vida é así.

Sigo buscando o meu sitio neste planeta, aínda non o atopei, confío en que un día chegará, e de seguro xa non será o que máis me importe.

Nenhum comentário: