Ando flasheada con esta canción, co mantra Om mani padme hum que significa "Oh, xoia no loto" traducido do sánscrito. Faime sentir ben, de feito levo varias horas escoitándoo sen cansarme en absoluto, reláxame até o infinito. E mentres o escoito, milleiros de pensamentos pasan a toda velocidade por esta cabeciña tola que precisa aínda moita disciplina e ten moito que aprender en tódolos eidos. Tamén me decato de que algo si está mudando en min, é un proceso raro e cheo de altibaixos que me mergullan un pouco no pasado, de como cheguei aquí e co medo ao futuro, máis como se soltase pouco a pouco vellos patróns de conduta, chegando a tomar consciencia dos meus erros até agora e como podo tentar modificar con total aceptación as miñas sombras (algo que todos temos), son humana, imperfecta por natureza. Situacións e persoas van chegando, outras marchando, máis deixando unha valiosa aprendizaxe pra sentirme mellor comigo e cos que me rodean. Pois sigo, no "aquí e agora" do que tanto falan os budistas dando paso á nova muller que si vai sabendo o que quere, e rexeitando o que non lle aporte nada. Vou subir o volume, pois o fútbol e o ruído na rúa desconcéntranme, nin que o mundo mellorase grazas a un balón, en fin... non vou xulgar, cada un é feliz como pode.
2 comentários:
Este sistemiña xa é outra cousa; co anterior non me aclaraba.
Teño un libro sobre a sombra que está moi ben. É curioso -supoño que tamén inevitable- que nos custe tanto aceptar a nosa sombra, pero facelo é imprescindible para quererse e aceptarse (ou viceversa). Bicos.
Si, fai moitos anos machacábame querendo ser perfecta, como se fose imposible que tamén sintamos emocións negativas. Era insufrible. Vin este documental sobre o tema xa fai un tempiño, por se che interesa. Bicazo.
http://www.youtube.com/watch?v=5f3pspQXGC8
Postar um comentário