25/07/2012

Raiaduras


Este blog éme igualiño que unha sesión de psicanálise, exceptuando de que as pausas e rectificacións que preciso teño que buscalas eu mesma (ou grazas a conversas e interaccións con outra xente para ben ou para mal) e, aínda que igual ou máis lento, afórrome os 60 euros semanais. Pra moitos isto é unha raiadura infernal, pra min pode que tamén máis como é "meu" fago o que me peta e, sen ánimo de faltar, quen non queira ler que non lea, porén creo que non son a única que pasa por isto e igual axuda a pensar a quen non se atreve a facelo. A espiral é inmensa e interminable, pero cando boto a vista atrás doume conta de que valeu a pena o recorrido, e o que me queda!!! Quizais non teño os coñecementos indispensables (quédame moito por vivir, aprender, ler, compartir...) e me erre moitísimas veces, máis pasiño a pasiño faise o camiño (e ata rima). Sorpréndome a min mesma en cada post, non do xeito que espero, senón de que vou vendo as mutacións que sofren os pareceres e do cambiantes que chegan a ser os pensamentos que, unha vez relidos, fan que me estrañe do que expoño e pense se son eu realmente a que escribiu iso. Un xeito de xuntar pezas abríndome a outras realidades, deixando aos poucos subxectivismos que me encaixan en patróns de conduta que non me levan a ningures e, de paso, orientarme a novas e diferentes emocións.

Sempre oín que o máis importante é recoñecer onde fallas e de aí dar co xeito a transformarte, nembargantes sen condicionarse polo que os demais esperan de ti, con personalidade e sen deixarse influenciar por outros pra te sentires aceptado. A esencia de quen son ten que permanecer inmutable ao que rodea e, sen danar, forxarme como a persoa que son e quero ser. Sempre pra ben. Pois nada, que queda raiadura pra "rato" e gato.

2 comentários:

Peke disse...

Desconfío dos que manteñen a mesma maneira de pensar durante toda a vida. Para min é case imposible concibir iso, pois se a vida nos vai cambiando e nós imos cambiando con ela, como é posible que iso non repercuta no noso xeito de pensar?

BONEQUIÑA DE TRAPO disse...

Xa, pero ás veces vémonos tan diferentes en apenas uns días ou semanas que che fan pensar se non andamos un pouquiño "toliñ@s". Será cousa da lúa? ;)