04/10/2008

Anxo ou demo?

Cando me sinto disgustada non podo evitar soltar todos os pensamentos que rondan por esta cabeciña tola, unha especie de terapia descorrosiva co fin de baleirar a mente. Un volcán en erupción que pasa e arrasa con todo, nembargantes facer como a Ave Fénix, que rexurde das súas cinzas. Errar é de humanos máis sentirse libre é moi importante, aínda que maiormente sexa de forma egoista. A verdade, ou as nosas supostas verdades, moitas veces danan, contar ata 10 é o que fago mil e unha veces, cando non funciona... estoupo. Unhas veces arrepíntome de ser tan sinceira, máis outras síntome renovada e liberada, con outros puntos de vista máis claros. Como sempre di H: "Hai máis sitio fóra que dentro".

Cando se intenta ser boa persoa acaban tachándote de parva, de inxenua, ou simplemente cren que teñen permiso para esnaquizarche a alma. Quizais comeza a asomar o demiño que levo dentro, todos levamos un, aínda que pareza que non. Ou quizais o anxiño está canso de que o lastimen precisando dun descanso. Un Doutor Jekyll e un Mister Hyde. Ao fin e ao cabo é a natureza do ser humano. Ninguén é perfecto.




Nenhum comentário: