Estou de resaca. O cerebro baila dentro da miña cabeza como se tivese vida propia. Que mal se queda un ao día seguinte dunha noite de festa na que o pasas de marabilla, sen medir as consecuencias físicas nin psicolóxicas, pois o baixón tamén é grande. Xa se sabe, o alcol é un depresor do sistema nervioso, pero parece que nos sentimos mellor nese intre con catro (ou seis, ou oito) cañas ben tiradas dos nosos bares, mentres lle damos á sen óso sen parar, calquera tema é interesante cunhas copiñas de máis.
Tamén parece como se me agudizase o sexto sentido, debe ser porque fallan os outros cinco. Como ben me dixo a miña amiga Juani o sábado pola noite:
"Noites alegres, mañás tristes"
E cando estou decaída, por dicilo dalgunha maneira, dáseme por profundizar, e eso para min non é tan malo, depende como se mire. Como se vise as cousas máis claras do que me rodea, a xente superficial que sempre estará para pasalo ben, e a xente que vale a pena de verdade.
¡Vivan as noites alegres!
Nenhum comentário:
Postar um comentário