Xa está o verán outra vez enriba de nós. O meu mes favorito do ano é xuño, cando os raios de sol se fan máis intensos e as praias non están tan abarrotadas de turistas. A natureza sempre preferín disfrutala con tranquilidade, oír o vaivén das ondas sen ruidos de adolescentes xogando ou meniños chillando coma tolos, nin as maruxas dándolle á lingua poñendo a todo deus verde. Pero o meu mes favorito rematou e agora toca o xentío invadindo todos e cada un dos recunchos deste entorno tan bonito no que me tocou nacer.
O bo do verán é que sempre voltas a encontrarte con xente que fai tempo que non vés, á cal se lle perde a pista durante o resto do ano, e rememorar tempos pasados e poñerse ao día no presente. O tempo pasa tan á présa, que cando te das conta xa case temos as engurras na face, máis o meniñ@ que levamos dentro négase a recoñecelo.
Aínda onte, coma quen di, tiña 15 anos e sentíame chea de vida e con moitas esperanzas para o futuro, e daste conta que non se acaban cumprindo. Pois como di unha frase de John Lennon:
Nenhum comentário:
Postar um comentário