28/11/2008

Proverbios...

¿Que sentido ten correr, cando estamos na estrada equivocada? Esta frase que atopei por casualidade acaba de paranoiarme. Mirando no Google di que é un proverbio alemán de autor descoñecido. ¿Realmente, sabemos acertadamente se é equivocado ou correcto? Pode que o camiño nun principio sexa o correcto e por motivos externos deixe de selo; pode tamén que sexa correcto e cambie a medida que evolucionamos co tempo; ou pode que saibamos que sexa incorrecto e non facemos nada para tomar outro... nunca se sabe. Deixarse levar pola intuición, pola cobardía, pola ignorancia, polo instinto, en fin... de mil maneiras podemos estar fóra da estrada axeitada.

Os proverbios, frases célebres, etc... encántanme, sempre hai un para cada paso que damos revelando un valioso aprendizaxe, se lle facemos caso, claro. Todo o que se ignora, despréciase (Antonio Machado), nembargantes A felicidade está na ignorancia da verdade (Giacomo Leopardi). E por hoxe abonda xa de fraseciñas.


Nenhum comentário: