Teño que recoñecer que este 8 de xaneiro do 2009 será un día a recordar por distintos motivos no meu entorno. Por unha parte por ser o día do meu aniversario, por outra polo nacemento da sobriña de H sobre as 15:00 horas mediante cesárea (unha bonequiña pequerrechiña) e a final do día recibo unha noticia desastrosa. A miña amiga Carmela, da Pobra, chámame en parte para felicitarme e por outra contarme o día de cans que leva a causa da queima do seu quiosco, o seu medio de vida reducido a cinzas a mans duns vándalos. Quedei coa boca aberta, parece mentira que haxa tanta estupidez e maldade neste mundo, a Voz de Galicia reflexouno así:
Un fuego provocado calcinó un quiosco del centro de A Pobra
Espero que obteñan o seu merecido como todo aquel que dana aínda sabendo o que fai e dalle igual. Por un mundo digno e libre de mal.
*Sábado 10 ás 12:30 manifestación en Ribeira na Praza do Concello co lema:
GALIZA CON PALESTINA, NON AO MASACRE!
GALIZA CON PALESTINA, NON AO MASACRE!
Grazas a todos os que me recordáchedes felicitándome neste día tan especial. Carlos: unha dedicatoria preciosa.
2 comentários:
Un bico grande para a Carmela, un bico grande para ti e a miña adhesión á concentración en Ribeira deste sábado. Non ao masacre do pobo palestino!
;)
Moza:
Tes que mirar isto: http://bretemas.blogspot.com/2009/01/quitmetro.html
Animiño!
Postar um comentário