05/07/2008

Nada é eterno

Estamos a primeiros de xullo e as nubes e a chuvia non paran de asomarse para facernos olvidar na época que estamos. O cambio tan estraño recoñéceo o meu corpo, o cabelo cae coma as follas das árbores no outono. Algo pasaxeiro que sempre me ocorreu, dende nena, que eu lembre. Tomo levadura de cervexa, e máis cervexa (hahaha...) para combatir a xenética que me tocou por parte do meu pai.



Onte comecei a ler "Brida" de Paulo Coelho, paréceme un libro moi existencialista para o pouco que conseguín ler, pois os ollos pecháronse ás 12 páxinas e caín rendida. Este libro recomendáramo Marian. Díxome que seguro era o meu estilo de lectura, pois teño unha personalidade relacionada con eses temas tan profundos e máxicos. Pareceume fermoso que me dixese eso, pois caloume en tan só un mes e tres semanas que pasei en Cáceres. Houbo unha química entre nós fóra do común e procuramos manter esa amizade tan bonita, a pesares da distancia. É unha persoa moi especial na miña vida, axudoume tanto a evolucionar que sempre lle estarei agradecida. Espero que nunca mude este sentimento, pois os amigos tamén cambian (non sempre evolucionan), e nunca volta a ser igual. Todos mudamos de forma de ser, ou de pensar, e sempre buscaremos persoas máis afíns a nós mesmos. Nada é eterno.



3 comentários:

Carlos Callón disse...

Polo menos non herdín eu só esa carencia de cabelo, hehehehhe. Xa se sabe: mal de moitos... epidemia! xD

Unknown disse...

Viva a xente coma nós, que se come a olla, que lle da tantas voltiñas a todo e que consegue facer debate das cousiñas máis cotidianas. Nin que foras carpricornio... Encantada de ter con quén debatir algo tan grandioso como é o día a día.

Anônimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!