08/12/2008

Debuxiños

Resulta que podo poñerlle cara e corpo humano a Eriko, cantante protagonista dos debuxos que tantas cancións me gustaban cando nena, quizais xa non tan nena. Inclusive madrugaba en verán a propósito a velos e poder grabar as cancións de cada capítulo para despois intentar sacarlle a letra nipona á miña maneira, unha desastrosa maneira. Recórdame moito a Candy Candy, outra serie animada lacrimóxena, que tanto nos emocionaba a todos. Pobriña, pasábaas moi p... Era das miñas favoritas, máis como me di H: "Para ti todo é favorito", será certo, gústanme demasiadas cousas, e ¿será certo tamén que di que eso pásame porque estou namorada da vida? A saber...




Aí vai esta actuación en vivo de Eriko Tamura, a de carne e óso, titulado Sukiyo, alá por finais dos 80.




E aquí un fragmento da serie coa canción May be a dream




Remexendo na rede atopei este poster, hai peli de Dragon Ball este ano que entra, a ver se non é decepcionante, ogallá que non. Agardaremos ata o 10 de abril do 2009. (Eriko Tamura participa neste filme como Mai)


*Hoxe é día 8 de decembro, nun mes xusto é o meu aniversario, comeza a conta atrás. Imos vellos... pero ben conservados.


2 comentários:

Carlos Callón disse...

Que pasada! A Eriko de carne e óso! Non deixas de sorprenderme!

Por certo, sabías que en Italia mudaron o final de Candy, Candy porque pensaban que era demasiado forte? Colleron cachos de diferentes episodios, puxeron a traballar aos dobradores e... Tachán! Un final feliz!

Bicos!

BONEQUIÑA DE TRAPO disse...

Entón hai que ver a versión do final italiano. Vivan os finais felices!!!

Moitos bicos.