Mostrando postagens com marcador lembranzas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador lembranzas. Mostrar todas as postagens

14/02/2009

Corazonciños

Non sei porque me negaba a recoñecer, fai anos, o meu puntiño romántico. A parte fría capricorniana de min agardo pouco a pouco a que se afunda ata facela desaparecer, non quero ser capitán que se deixe ir co barco á zona máis escura e profunda ata o límite dificultando o rescate, cada vez máis quero ofrecer ao mundo o lado tenro e cariñoso que quizais tiña vergoña ou medo de amosar. Agora grito aos catro ventos, correndo risco de que me tachen de "cursi", que merco artigos con forma de corazón. O último, se non recordo mal, un marcador de páxinas metálico la mar de curriño cun pequeno corazón vermello no seu extremo superior, idéntico ao da imaxe.

Antes coleccionaba chisqueiros, pero como xa non fumo aparquei esa colección, quizais empece cos corazonciños, H botaríame da casa se se ve rodeado de tanto corazón, xa abonda unha Ágata Ruíz de la Prada. Terá que asumir a súa parte da culpa: debe facer sobre uns 11 anos cando no Entroido , coincidindo co 14 de febreiro, quitoulle á "caravana do amor" despois do desfile o corazón grande de cartón cuberto cun tecido vermello para regalarmo ás escondidas. Hai persoas que saben sacar o mellor de nós, esas son as que nos interesan.

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS!!!





21/01/2009

A terapia da kk

Moitos pensamentos, nada que contar. Levo xa uns cantos días encerrada, a gripe pilloume con forza, polo menos agora xa respiro aínda que os senos para-nasais doen coa falta de drenaxe de tanta conxestión. Despois de tantos meses evitando tomar azucre (por moitas causas, a máis importante é o subidón seguido do baixón que dá, afectando física e animicamente) e estando maliña non teño máis que antollo de chocolate quentiño con "croissants". Deixar o vicio de fumar para caer noutro (onte fixen 2 meses sen tabaco e levo aforrados 300 euros, díxomo o quitómetro). Ter tanto tempo para pensar non é nada bo, barallo e barallo sen chegar a ningunha conclusión específica de nada, só sirve para comer o tarro e acabar tomando máis aspirinas. Estiven lendo libriños dos meus, empecei varios á vez: Masajes y reflexoterapia, Mente creativa e Gimnasia cerebral, teño pendente o de Feng Shui. H di que parezo "La Hierbas" da serie "Aquí no hay quien viva" con tanta terapia alternativa. Cada un é como é, ou como quere ser, mellor dito.

Tamén remexín, coma de cotío, por internet, lendo as novas do día, as actualizacións de blogues... para seguidamente escaquearme de páxina en páxina ata atopar artigos rariños que acaban enganchándome. Fun dar a un remedio un tanto curioso para a ira (hai veces que fago como en Ally McBeal, na imaxinación recreo accións que non podo, nin quero, facer na realidade por motivos obvios). Resulta que, para librarse do rancor, odio, vinganza, etc... cada vez que vaias ao wc a expulsar os residuos tóxicos, fluídos ou sólidos, do corpo (senón estouparíamos), penses que tamén eliminas eses estados emocionais tan autodestructivos. Sensacións que envelenan a alma e anubran a mente impedindo a paz mental. Hai de todo: "Lance sempre encontrou a súa motivación na ira e no rancor. E debo dicir que si gañar é agradable, non hai nada máis pracenteiro que facelo cando todo o mundo quere que perdas", dixo o director deportivo do ciclista estadounidense Lance Armstrong.

Pois nada, a poñer en práctica eso de eliminar sentimentos negativos cada día!!!

*Falando de Ally McBeal, paréceme divertido voltar a ver o baile mítico da serie coa canción de Barry White: You're the first, the last, my everything.


08/12/2008

Debuxiños

Resulta que podo poñerlle cara e corpo humano a Eriko, cantante protagonista dos debuxos que tantas cancións me gustaban cando nena, quizais xa non tan nena. Inclusive madrugaba en verán a propósito a velos e poder grabar as cancións de cada capítulo para despois intentar sacarlle a letra nipona á miña maneira, unha desastrosa maneira. Recórdame moito a Candy Candy, outra serie animada lacrimóxena, que tanto nos emocionaba a todos. Pobriña, pasábaas moi p... Era das miñas favoritas, máis como me di H: "Para ti todo é favorito", será certo, gústanme demasiadas cousas, e ¿será certo tamén que di que eso pásame porque estou namorada da vida? A saber...




Aí vai esta actuación en vivo de Eriko Tamura, a de carne e óso, titulado Sukiyo, alá por finais dos 80.




E aquí un fragmento da serie coa canción May be a dream




Remexendo na rede atopei este poster, hai peli de Dragon Ball este ano que entra, a ver se non é decepcionante, ogallá que non. Agardaremos ata o 10 de abril do 2009. (Eriko Tamura participa neste filme como Mai)


*Hoxe é día 8 de decembro, nun mes xusto é o meu aniversario, comeza a conta atrás. Imos vellos... pero ben conservados.


02/12/2008

Aquel vhs...

Botando unha ollada por Youtube atopei outra canción de Rocío Dúrcal daquel mítico vhs, máis este non é o vídeo exacto, que pena, así o recordo sería máis certeiro. Esta é unha interpretación en directo, a cal destaca o boísima que era esta muller.



DI QUE ESPERAS DE MÍ
Di que esperas de mí
hoy que casi has acabado con tu vida
yo no creo que sea un perdón
si tú sabes que hace mucho te lo di

Di que quieres decir
con esas palabras frías y titubeantes
si esa cara de dolor
sólo habla de lo peor de tus amantes

Lo siento
pero de veras te has salido de mi vida
ahora yo soy muy feliz
te deseo de corazón: dios te bendiga

Lo siento
que aunque jamás pensé en decirte no te quiero
después de lo que sufrí
a tu lado, que esperabas de mí

Ahora vete mejor, te aseguro que sólo pierdes tu tiempo
y no quieras recordar
pues lo muerto, muerto está
aunque no quieras

Lo siento, pero de veras .......
Lo siento, que aunque ........


01/12/2008

"La balanza"

"La balanza", esta interpretación de Rocío Dúrcal transpórtame aos 12 ou 13 anos, cando empezaba a aficionarme polo mundo da música e cantaba agarrada a un peiteador do cabelo ou calquera outro obxecto que fixese de micro diante do espello. Recordo o seu vestido rechamante de cor alaranxado, cheo de flecos; grabado no noso primeiro vídeo, daquela toda unha revolución. Tamén recordo a miña nai pegada á porta do meu cuarto, sorprendida por descubrir que a súa filla adolescente sonaba como a Rocío Dúrcal de verdade. Disimulaba para que non me dera conta, máis sabía que aí estaba, escoitando. Ou a primeira vez que me subín a un escenario, nun festival do Nadal no salón de actos do colexio da infancia, cantando a capela unha panxoliña e despois esta canción. Que lembranzas, que tempos aqueles... Rocío foi sempre toda unha diva. Poñía e sígueme poñendo a pel de galiña, a pesares do tempo, continúa sendo a única que me emociona coa súa voz, coas súas fermosas cancións. Nunca quedará no olvido, os bos nunca morren de todo...




No seré yo la que diga adiós,
solo quiero que entiendas mi posición,
sabe bien que soy una mujer,
que te entrega a cada instante el corazón.

Y por eso hoy te quiero decir,
de lo poco que a veces me haces sentir,
donde estás que ya no te puedo encontrar,
vuela siempre en tu silencio y tu mirar.

Antes que tu indiferencia mate,
el porqué de mi existir,
déjame si crees que ya no me amas,
pero no me hagas sufrir.

Si a mí el tiempo para amarte no me alcanza,
me doy toda sin ninguna condición,
mira pues como se inclina la balanza,
le hace falta de tu parte el corazón.

Yo no sé porque has cambiado así,
no eres tú aquel hombre al que aprendí a querer,
mira mis ojos y dime que puedo hacer,
sea cual sea la verdad sabré entender.

Antes que tu indiferencia mate,
el porqué de mi existir,
déjame si crees que ya no me amas,
pero no me hagas sufrir.

Si a mí el tiempo para amarte no me alcanza,
me doy toda sin ninguna condición,
mira pues como se inclina la balanza,
le hace falta de tu parte el corazón.

Le hace falta de tu parte el corazón
Le hace falta de tu parte el corazón.


27/11/2008

Decisións

O destino está escrito, oímos moitas veces. Parece mentira que así sexa, máis non de todo. Hai situacións que parecen inevitables nas nosas vidas, mudan segundo as nosas eleccións. Éche coma esos libros, que recordo na biblioteca do colexio das monxas cando era unha nena, que tiñan un desenlace distinto segundo escollésemos as páxinas a seguir da aventura que estivesemos lendo. Era moi divertido e, sen sabelo, educativo, facíanos responsable dun final ou doutro. Cando medras daste conta, que si, sabemos que o camiño que seguimos varía dependendo do que escollamos facer, hai moitos desvíos, encrucilladas, por intres, calexóns aparentemente sen saída, máis si a teñen, pese a non saber vela no seu momento. Todo ten solución, agás a morte.

É inevitable pensar... que pasaría se houbese feito outra cousa naquel momento? como estaría hoxe? como sería? viviría noutro lugar? tería xente diferente ao meu carón? Preguntas sen resposta. Lástima que non teñamos un libriño deses, como os da miña infancia, coa nosa propia vida. Sería trampa, seino... pero sentiríamonos tan aliviados cando sufrimos ou nos perdemos.

Mellor aínda, ser a guionista da miña propia vida cambiando a antollo todo o que non me gustase, ou o que me apetecese en cada momento. Que egoista sona... (no comments). E falando de guións, estou impaciente por ver a V tempada de "Mujeres desesperadas", deixoume moi intrigada o último capítulo da IV. Terei que conformarme con ver os 5 primeiros subtitulados, a ver se os consigo axiña. Altamente recomendable.


DESPERATE HOUSEWIVES - MUJERES DESESPERADAS

*Tomando outro camiño levo case 7 días libre de nicotina, procurarei apartarme de todo o que non me convén. Conseguireino? Eso xa o decidirá o destino.

30/10/2008

Pasado musical

A música de fai décadas si que era boa, con esta frase parezo unha anciá buscando no baúl dos recordos. Veñen a min cancións como a de B. J. Thomas "Raindrops keep falling on my head" (anos 70) que me alegra a alma e agora, ademáis, The Outfield "Your love" dos anos 80 que me transmite moita enerxía positiva.

O destino é sabio e sabe dar o que necesitamos en cada momento, eu necesitaba estas cancións e apareceron para facerme feliz. Hai que ter coidado co que se desexa, pode facerse realidade.

Viaxemos na maquiniña do tempo ata o pasado para rememorar cousas boas coma esta canción, aí vai o vídeo...




28/10/2008

Adiccións

Ultimamente apetéceme ver series de televisión bastante peculiares. No post anterior fago referencia ao Sr. Monk, un detective moi especial na súa forma de resolver casos e máis na forma de ser, coa súa lista enorme de fobias e un transtorno obsesivo-compulsivo. Cada vez que toca a alguén usa unha toalliña húmeda para limparse; obsesionado cos números redondos, os xérmenes, a limpeza, a orde, a perfección á súa maneira... Ata come os alimentos en platos separados porque non poden tocarse entre si (as patacas nun prato, os chícharos noutro, ...) e un infinito número de manías. En definitiva, todo un personaxe.

Esta semana colleu o turno Psych, un mozo chamado Shawn cunha capacidade de observación asombrosa que se fai pasar por vidente, axudándolle á policía nas investigacións, xunto co seu amigo da infancia Gus.

Recoñezo a miña adicción ás series de televisión en xeral, pero adoro as series con intriga, mellor con humor. Sempre me gustaron, dende nena. Recordo a Colombo, Mike Hammer, Remington Steele, Matt Houston, Se ha escrito un crimen, Luz de luna, Magnum... (Eu tiña que ter sido detective, entre outras moitas cousas). O bonito é que cada unha delas representa unha etapa distinta da vida, traendo moitas lembranzas.

*Aínda que, por unha hora + ou -, xa pasou o 27 de outubro: "H, felicidades e grazas por compartir estes 7 anos xuntos de serie-adictos".


18/09/2008

Vampirismo


Sempre tiven uns caninos afiados, pensei que sería a xenética ou porque me encanta roer os ósos do polo ou de calquera outra carne que me guste, como a costela. O pobriño do meu can, o cal pasou toda a infancia comigo e parte da adolescencia, pasaba fame pola miña culpa. Ademáis que a carne prefíroa media crúa, co seu sangue polo medio, senón resulta como comer o adoite do zapato.

Agora, cos anos e con moito cachondeo, cheguei á conclusión de que son unha vampira. E non polo feito de ter uns dentes afiados, senón porque me deito tardísimo, case cando amence, para despois andar cansa todo o día. Xa se sabe que nunca se descansa mellor que pola noite, é o ciclo natural do día. Os meus biorritmos están tan desorientados que xa case parezo un zombie. Pero que lle imos facer... adoro o silencio da noite, a tranquilidade, a falta de ruidos de todo tipo: coches, xente... e ese modo de conectarse con un mesmo sen ningún tipo de interferencia.

Cada tolo co seu tema.