11/02/2009

Hormonas da felicidade

Hoxe chegoume ao correo un artigo dunha páxina web desas femininas, porque unha muller ten que estar ao día tamén en "chorraditas" de moda, beleza, saúde, psicoloxía... Falaba dos estragos emocionais que causa o inverno, teño a manía de pensar que son a única á que lle pasan estas cousas. A falta de luz: por días curtos e apagados; o cambio na alimentación: picamos máis, comemos comidas máis fortes deixando a un lado as froitas e certas hortalizas (están moi frías!!!) afectando bastante a o noso sistema inmunitario (son moi amiga do própolis e da echinácea, pero cando xa é tarde); non facer deporte para liberar endorfinas... as hormonas da felicidade.

*Consellos para liberar endorfinas:
  • Rir
  • Tomar alimentos produtores desta hormona: café, chocolate (agora entendo os meus antollos)
  • Facer deporte
  • Estar namorado
  • Practicar sexo
  • Masaxes
Animeime mirando o tempo no meteogalicia, este venres por fin lucirá un sol marabilloso: "un melocotón", así é como lle chamo eu cando vexo o parte na tele pola pinta que ten debuxado.



Lucirá este sol para celebrar o aniversario da miña nai, nun venres e 13 de febreiro.


30/01/2009

O custo da vida

Esta semana: entre o mal tempo que non anima nadiña, a soedade e os biorritmos alterados estou a punto de estoupar. Necesito liberar toda esta enerxía mal canalizada e este sedentarismo que me atrofia as neuronas e o organismo. Xa estiven mirando de apuntarme a un ximnasio (o deporte libera endorfinas), máis hai que pensar no seu custo despois de ver as novas do día falando do empeoramento da crise económica. Europa vai a pique, as empresas non obteñen beneficios, os empregos diminúen, os bancos non conceden créditos... Os traballadores dos bancos sufren "estrés laboral": cada día chegan familias ás sucursais chorando pedindo préstamos porque están todos no paro. Doe ver estas situacións pero están atados de pés e mans, non poden facer nada. Todo é tan incerto. Que a cousa está mal; xa o sabemos, se ten solución; xa se verá, lenta, nembargantes "non hai mal que cen anos dure" nin "nunca choveu que non escampase".

Xa o cantaba Juan Luis Guerra nesta canción:




Polo menos levo mellor a crise dende que deixei de fumar: xa son 2 meses e 10 días libre de fumes, levo aforrados 347, 85 euros. ¡Vivan as boas decisións!

EL COSTO DE LA VIDA
El costo de la vida sube otra vez
el peso que baja ya ni se ve
y las habichuelas no se pueden comer
ni una libra de arroz ni una cuarta de café
a nadie le importa qué piensa usted
será porque aquí no hablamos inglés
ah ah es verdad.. ah ah e' verdad. ah ah e' verdad .
do you understand?
do you do you

si la gasolina sube otra vez
el peso que baja ya ni se ve
y la democracia no puede crecer
si la corrupción juega ajedrez
a nadie le importa que piensa usted
será porque aquí no hablamos francés
ah ah vous parlez ah ah vous parlez ah ah vous parlez ah ah no monsieur

somos un agujero en medio del mar y el cielo
500 años después
una raza encendida negra, blanca y taína pero
quién descubrió a quién..

ay el costo de la vida
ya va pa'riba tú ves
y el peso que baja
ya ve pobre ni se ve
y la medicina ya ve camina al revés
aquí no se cura ya ve un cayo en el pie
aquí i qui
ya ve aquí qui..
y ahora el desempleo
ya ve me mordió también
a nadie le importa no
ni a la Mitsubishi ya ve ni a la Chevrolet

la corrupción pa arriba
ya ve pa' riba tu ves
y el peso que baja
ya ve pobre ni se ve
y la delicuencia
ya ve me pilló otra vez
aquí no se cura
ya ve ni un callo en el pie
aquí i qui ya ve aquí i qui
y ahora el desempleo
ya ve me mordió también
a nadie le importa no
ni a la Mitsubishi ya ve ni a la Chevrolet

la recesión pa arriba
ya ve pa riba tu ves
y el peso que baja
ya ve pobre ni se ve
y la medicina ya ve camina al revés
aquí no se cura
ya ve un cayo en el pie
a..qui i qui ya ve ahi qui i qui
y ahora el desempleo
ya ve me mordió tambien
a nadie le importa no
ni a la Mitsubishi ya ve ni a la Chevrolet


28/01/2009

Chove porque canto

O sábado pasado comezamos o Taller de Voz na miña zona. Estaba desexando ferventemente asistir, pois pagamos un prezo moi económico sen desprazarnos a grande distancia como ocorría antes se pensabas estudar algo parecido. Lástima a súa curta duración, nembargantes paga a pena asistir. No fondo teño ganas de volver a cantar, non sei se o farei algún día, a ver por onde me leva a vida. Todo isto debémosllo á Escola Alboio grazas ás protestas feitas diante do concello pedindo locais de ensaio. Ogallá máis xente tivese iniciativas desta índole para que todo o mundo, teña a idade que teña, acceda con facilidade a todo tipo de cursos. Hoxe estiven vendo o que tiña grabado co móbil antes de que fundise a tarxeta de sonido para analizar os erros e así cando remate o curso, ver se hai un antes e un despois. Necesito moita técnica, doume conta cada vez que me escoito, tempo ao tempo. Ía poñer un vídeo pero morro de vergoña ao escoitalo. Amosa a voz sen trampa nin cartón cun sonido pésimo (parece desafinado). Para que sonase xenial tería que estar nun estudio de grabación e non na miña casa cun móbil cutre que distorsiona. Outro día será... Agardo que a choiva e o temporal non sexan culpa miña.

22/01/2009

A lei da atracción

Heidegger: "Hai que saber escoller e máis escollerse, un escóllese en función de con quen está... o outro pode mostrarte o peor e o mellor de ti mesmo"... No refraneiro popular: "Dime con quen andas e direite quen es". Sen querelo, xuntámonos co reflexo de nós mesmos, ou como nos gustaría ser. Marian díxome en Cáceres un día (fai + ou -, nestas datas, 1 ano que a coñecín, bendito encontro) que un 7 xúntase cun 7, un 4 cun 4, un 3 cun 3, etc. Unha forma moi matemática pero orixinal de explicalo.

Estaba lendo un artigo sobre o diñeiro (maldita crise) para ir dar ao perdón, porque sen el non nos sentimos merecedores das mellores cousas da vida. Di que somos pecadores natos, e non ese pecado do que nos fala a igrexa católica senón porque pecado en grego disque significa "errar ao branco". Obramos, moitas veces, como podemos, non como queremos. Nesta vida cometeremos moitos erros, como se fose un borrador para aprender e chegar a ser mellores. Un ten que saber escoller quen quere ser, perdoar e alonxarse das persoas que sacan a nosa peor sombra. Cando aceptamos todo esto, perdoámonos e perdoamos a todos os seres que nos fan ou nos fixeron dano. É un pouco como "a lei de atracción", sentirse libre e en harmonía para poder atraer todo o positivo ás nosas existencias. Gustoume moito o documental que fala do "segredo", xa falei del noutro post. A mente pode obrar milagres, hai que crer no seu poder. Non apto para escépticos.

"THE SECRET" RHONDA BYRNE



21/01/2009

A terapia da kk

Moitos pensamentos, nada que contar. Levo xa uns cantos días encerrada, a gripe pilloume con forza, polo menos agora xa respiro aínda que os senos para-nasais doen coa falta de drenaxe de tanta conxestión. Despois de tantos meses evitando tomar azucre (por moitas causas, a máis importante é o subidón seguido do baixón que dá, afectando física e animicamente) e estando maliña non teño máis que antollo de chocolate quentiño con "croissants". Deixar o vicio de fumar para caer noutro (onte fixen 2 meses sen tabaco e levo aforrados 300 euros, díxomo o quitómetro). Ter tanto tempo para pensar non é nada bo, barallo e barallo sen chegar a ningunha conclusión específica de nada, só sirve para comer o tarro e acabar tomando máis aspirinas. Estiven lendo libriños dos meus, empecei varios á vez: Masajes y reflexoterapia, Mente creativa e Gimnasia cerebral, teño pendente o de Feng Shui. H di que parezo "La Hierbas" da serie "Aquí no hay quien viva" con tanta terapia alternativa. Cada un é como é, ou como quere ser, mellor dito.

Tamén remexín, coma de cotío, por internet, lendo as novas do día, as actualizacións de blogues... para seguidamente escaquearme de páxina en páxina ata atopar artigos rariños que acaban enganchándome. Fun dar a un remedio un tanto curioso para a ira (hai veces que fago como en Ally McBeal, na imaxinación recreo accións que non podo, nin quero, facer na realidade por motivos obvios). Resulta que, para librarse do rancor, odio, vinganza, etc... cada vez que vaias ao wc a expulsar os residuos tóxicos, fluídos ou sólidos, do corpo (senón estouparíamos), penses que tamén eliminas eses estados emocionais tan autodestructivos. Sensacións que envelenan a alma e anubran a mente impedindo a paz mental. Hai de todo: "Lance sempre encontrou a súa motivación na ira e no rancor. E debo dicir que si gañar é agradable, non hai nada máis pracenteiro que facelo cando todo o mundo quere que perdas", dixo o director deportivo do ciclista estadounidense Lance Armstrong.

Pois nada, a poñer en práctica eso de eliminar sentimentos negativos cada día!!!

*Falando de Ally McBeal, paréceme divertido voltar a ver o baile mítico da serie coa canción de Barry White: You're the first, the last, my everything.