Estados que mudan ineludiblemente, corpos que envellecen finados tempo atrás faltos de sentimentos, pensamentos martirizantes de erros cometidos; nostalxia de fermosas e vagas ilusións esvaecidas cal lóstrego; anhelos atrapados en anhelos; lategazos da crúa realidade que azoutan facendo que os olvidos custen unha eternidade e os recordos se tatúen a fogo na pel; feridas abertas onde outras pecharon, paraísos interiores consumidos, afectos e bondades xelados pola crueldade, progresión da desconfianza, decepcións que aflixen a alma, receo das palabras, anoxo de posuír sensibilidade mal enfocada, angustia dos desexos convertidos en rechazos; aversión do banal, dos que tiran proveito do que outros posúen.
Inentendible o sentir humano: a máis dar, máis repelencia; menos dar, máis atracción. (acaso gusta mellor o difícil, o imposible?) E entre lamentos continúo expremendo o baleiro pra facelo desaparecer... Volve a morriña polo pasado, o medo ao futuro, e a incertidume do presente. Unha pérdese un pouco máis, indefensa ante o desdén, ante as emocións extraviadas, tratando de ser forte e non espir a alma con que non o mereza. Procura seguir sendo a mesma, pero xa non pode... outro cachiño do corazón vaise e di que non pensa regresar, que xa está morto.
Quizais o erro máis grande é dar e esperar algo parecido a cambio, as expectativas nunca se cumpren. E así, o diáfano veo que se destapa cando as cicatrices parecían curadas estas emanan sangue de novo, e desta, dito veo vólvese máis grande, máis opaco e máis escuro que a última vez. Pode que volte a confianza, pode que deixemos o medo fuxir e re entregarnos á vida pensando que é o momento axeitado, pode que se desnude a alma sen temor, máis coa dificultade engadida do peso do vivido porque nada é o que parece nun principio, e unha soñadora recorda as palabras de Calderón: A vida é soño; e os soños, soños son.
Nenhum comentário:
Postar um comentário