02/01/2009

Ano máis, ano menos

Outro ano máis que foxe escurridizo entre as nosas mans, outro ano menos de vida... Ai, que vella me sinto estos días!!! Será a pesadez de tanta enchenta propia destas datas, agora toca, bueno, mellor dito, despois de Reis ou do meu aniversario que é 2 días despois, voltar a facer dieta sá para depurar toda a saturación que lle metemos ao corpo. Falando de Reis, na miña zona a xente faille o plural ao plural: de rei, reis, pois non, aquí son "reises". Faime graza, como tamén me fai graza o de ter espaldas ou narices, eu pensei que só tiña unha espalda e un nariz. Cousas curiosas da fala...

Agardo que este ano depare moitas cousas boas e que se cumpran tódolos soños: eu de momento confórmome con pequeniñas cousas que me axuden a subir un peldaño máis desta escada chamada vida, evolucionando, acadando maior realización pasiño a pasiño. Cada quen que pida o seu desexo.

TODO É POSIBLE


22/12/2008

Nadal ou algo...

Nunca me invadeu moito o espírito do Nadal, sinxelamente é a época máis apática, estresante e forzada de todo o ano. Non porque estemos nestas datas imos ser mellores persoas, nin máis felices: hipocresía. A pesares das miñas opinións: desexo Boas Festas e un mellor ano que entra para todo o mundo (que o mereza), aínda que só sexa para escoitar esta canción de Mariah Carey "All I want for Christmas is you" coa voz particularmente marabillosa en directo.


09/12/2008

Mundo real

Este exprimidor de recordos e pensamentos, terá que dar cabida a máis. Así que, aínda que nun principio non tiña pensado falar de política, actualidade, guerras... coa obriga de voltar á realidade, este mini-mundo escapista non pode vivir só de soños, desexos, ilusións, fantasías, aficións, lembranzas, etc...

Este vídeo recollido nun post do camacato, para mín, semella un PÁSAO, co fin de saber que non todo o que nos contan resulta ser certo. Non é tan fero o lobo como o pintan... maiormente. Sean Penn fala da súa estancia en Venezuela e de Hugo Chávez, (Sean renunciou á colaboración periodística que viña facendo no periódico San Francisco Chronicle, en xaneiro deste ano, por chamarlle dictador ao presidente venezolano, cando realmente foi elixido democráticamente). Cada quen que saque conclusións propias dos seus comentarios.


08/12/2008

Debuxiños

Resulta que podo poñerlle cara e corpo humano a Eriko, cantante protagonista dos debuxos que tantas cancións me gustaban cando nena, quizais xa non tan nena. Inclusive madrugaba en verán a propósito a velos e poder grabar as cancións de cada capítulo para despois intentar sacarlle a letra nipona á miña maneira, unha desastrosa maneira. Recórdame moito a Candy Candy, outra serie animada lacrimóxena, que tanto nos emocionaba a todos. Pobriña, pasábaas moi p... Era das miñas favoritas, máis como me di H: "Para ti todo é favorito", será certo, gústanme demasiadas cousas, e ¿será certo tamén que di que eso pásame porque estou namorada da vida? A saber...




Aí vai esta actuación en vivo de Eriko Tamura, a de carne e óso, titulado Sukiyo, alá por finais dos 80.




E aquí un fragmento da serie coa canción May be a dream




Remexendo na rede atopei este poster, hai peli de Dragon Ball este ano que entra, a ver se non é decepcionante, ogallá que non. Agardaremos ata o 10 de abril do 2009. (Eriko Tamura participa neste filme como Mai)


*Hoxe é día 8 de decembro, nun mes xusto é o meu aniversario, comeza a conta atrás. Imos vellos... pero ben conservados.


05/12/2008

"Eres único"

Esta semana chuviosa, triste e gris, nostálxica, quizais tamén un pouco solitaria, lévame a escoitar sen parar á Dúrcal. A seguinte canción adícolla a H, porque o boto de menos, porque me dou conta do importante que é a súa presenza na miña vida. Esta faceta tan romántica non me pega nada, ou si... nunca sabemos quen somos realmente. Os anos e as experiencias cambian á xente, éche boa verdade... Encherse ás veces de "merda" ata as orellas resulta desagradable, para así apreciar o que significa unha ducha quentiña, pero axuda a valorar o que temos. Así é a vida.



ERES ÚNICO
Eres único,
como amigo,
como novio,
como amante.
Eres único.

Eres único,
el que alienta con palabras,
mis angustias, mis tristezas
y mi sueño azul.

Tú me miras y estremeces
el instinto de mi cuerpo,
me transportas hacia a ti,
con la dicha de tenerte,
y perderme en tus sentidos
y beberme los latidos de tu amor,

Tú eres único,
en tu mundo de pasiones,
contaminas mis razones,
eres único.

Todo mágico,
tú transformas mis anhelos,
mis ternuras y mis sueños,
como el único.

Compañero de mis penas y alegrías,
de las cosas cotidianas, de mi vida,
como novio,
como amante,
como amigo,
simplemente eres único.

Tú eres único,
en tu mundo de pasiones,
contaminas mis razones,
eres único.

Todo mágico,
tú transformas mis anhelos,
mis ternuras y mis sueños,
como el único.

Compañero de mis penas y alegrías,
de las cosas cotidianas, de mi vida,
como novio,
como amante,
como amigo,
simplemente eres único.

Solo único.