05/12/2011

Detalliños

Encántame a forma en que a vida pon detalliños pequenos diante dos nosos ollos no intre exacto en que os precisamos. Poden ir dende ler unha frase que alivia o noso estado de ánimo, ver unha imaxe que nos remove os adentros facéndonos entender o inentendible, quizais un filme que toca sentimentos que se proxectan nos nosos, lugares que transmiten paz escondendo mensaxes ocultas, e inclusive persoas que aparecen por algún motivo facéndonos felices. Cando non nos fixamos é porque estamos tan centrados no problema que deixamos de ver as solucións. Procuremos estar receptivos, pese a certos momentos en que as bágoas non nos permiten discernir o que temos enfronte, agudizar os sentidos, traspasar límites auto impostos. Berremos ben forte, que ese nó na gorxa non nos impida expresarnos.

Infinitas mostras que nos amosan por onde camiñar, sen esquecer que son sinais pra evolucionarmos sen facernos dependentes delas. Pois a pista que recibín hoxe foi mediante unha frase que lin no Facebook:

"Quando não precisar de ninguém para ser feliz, é aí que você será"


Contradictorio, non si? :)



2 comentários:

Paifoquinha número sete disse...

Sínto moito María do Mar, mais a existencia de causalidades/casualidades que acoden a nós para amosarnos camiños en momentos necesarios xamáis me entrará na chencha, básicamente proque os probervios árabes, indios, chinos, e tódolos aforismos posteriores levan ahí toda a vida, e sen embargo, non vexo que atopemos consolo en centos de "frases fermosas", que tod@s coñecemos de memoria...

BONEQUIÑA DE TRAPO disse...

Non sexas tan negativa, muller. Eu érao, e moito. E acabei con ataques de ansiedade e miles de problemas máis. Agora son unha hortera, cursi, sentimental, etc. Pero estou mellor e tento ser feliz a pesar de que as cousas vaian retorcidas ao meu arredor. Un bicazo.